Monday 29 de April de 2024

O Concello de Lousame convoca os Cursos de Natación 2023, que terán lugar na piscina municipal da Silva nos meses de xullo e agosto


As preinscricións para persoas empadroadas en Lousame abriranse do 15 ao 25 de xuño. A piscina municipal abrirá as súas portas o 1 de xullo

O Concello de Lousame convoca os seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto na piscina municipal da Silva.

O Concello de Lousame convoca un total de 68 prazas e organiza tres grupos de idade. Así, haberá 24 prazas para nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12:30 a 13:00 horas e de 13:00 a 13:30 horas. Para os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos haberá 20 prazas, con sesións de 11:30 a 12:30 horas. Finalmente, as persoas maiores de 11 anos terán clase de natación de 10:30 a 11:30 horas, con 24 prazas dispoñibles.

Os cursos comezarán o luns 3 de xullo. Preinscricións a través de Bandoticket.com do 15 ao 25 de xuño (persoas empadroadas en Lousame) e do 26 ao 30 de xuño (non empadroadas). As admisións faranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información no Departamento de Deportes ou chamando ao teléfono 981 825 780.

A piscina municipal de Lousame abrirá as súas portas o 1 de xullo en horario de 15:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.